Escoitar

Visita institucional e de cortesía do director do Centro Tecnolóxico do Mar ao alcalde

O alcalde, Abel Caballero, mantivo este luns unha reunión institucional e de cortesía con Alberto González Garcés, director do Centro Tecnolóxico do Mar. Deste xeito iníciase unha rolda de contactos para unha mutua colaboración entre o Concello e CETMAR.

luns, 20 ago 2007
1187610657cetmar200807bis.jpg
Nesta xuntanza Caballero e o director de CETMAR acordaron manter unha continua relación para mellorar todos os aspectos marítimos da cidade. Neste sentido, e dado que CETMAR é unha Fundación co obxetivo de contribuír a mellorar as condicións para o desenvolvemento sostible dos recursos mariños, o alcalde salientou tres puntos clave nos que quere que o Centro Tecnolóxico do Mar estea presente: o saneamento da Ría de Vigo, todo o que teña que ver coa mellora do litoral vigués e, sobre todo, o saneamento do Lagares, tres liñas de actuación onde o CETMAR procurará dar solucións.

Por outra banda, tamén falaron da Cidade do Mar, xa que o CETMAR colabora coa Xunta neste proxecto e traballa de forma activa nos ámbitos relacionados coa tecnoloxía e o ámbito da pesca.
Descargar todas as imaxes