Aprobadas axudas escolares por un total de 400.000 euros para o curso 2007-2008
A Xunta de Goberno Local concedeu este luns un conxunto de axudas municipais escolares para a adquisición de libros e material escolar e para gastos de comedor durante o curso 2007-2008 por un importe total de 400.000 euros.
As axudas para gastos de comedor supoñen unha achega municipal de 370.000 euros, correspondentes a un total de 981 solicitudes de subvención das que se beneficiarán 1.056 alumnos. A contía das subvencións, de ata 41 euros por mes e alumno, destínase aos niveis de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e ESO.
No caso das axudas para a adquisición de libros e material escolar, a achega municipal ascende a 30.000 euros. Neste caso concedéronse 358 subvencións, das que que se beneficiarán 389 alumnos e alumnas da segunda etapa de Educación Infantil.
Axudas aos inmigrantes
Por outra parte, a Xunta de Goberno aprobou unha solicitude de subvención á Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia por importe de 387.000 euros, co obxectivo de realizar actuacións destinadas a favorecer a acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria durante 2007.
O mencionado importe, proposto polo Departamento de Benestar Social a través da Oficina de Inmigración, divídese nos eixos de educación (114.000 euros), emprego (84.000), vivenda (64.000), servizos sociais (72.000), muller (31.000) e sensibilización (22.000 euros).
Ademais, o Goberno local aprobou a convocatoria de subvencións para actividades e accións co obxecto de desenvolver o Plan de Calidade Turística 2007, por un importe total de 30.000 euros.
Descargar todas as imaxes