A Travesía a Nado da Ría de Vigo celebra este domingo a súa oitava edición
A Travesía a Nado da Ría de Vigo celebra o próximo domingo a súa oitava edición, con saída ás 11.30 horas na praia moañesa do Con e chegada na dársena interior do Real Club Náutico de Vigo. Arredor de 150 nadadores se inscribiron xa para participar nesta proba de 3,7 kilómetros de distancia.
A Travesía a Nado da Ría de Vigo dispútase por segundo ano consecutivo co nadador David Meca como rival por bater. Meca estableceu en 2006 o récord desta proba cun tempo de 46 minutos e 18 segundos, pulverizando a marca de 56 minutos e 58 segundos conseguida por Ramón Mesías en 1973.
A principal novidade da edición deste ano con respecto á de 2006 é a inclusión da Travesía no Circuíto Galego de Augas Abertas da Federación Galega de Natación. Isto significa que o percorrido entre O Con e o Náutico será puntuable para os dez primeiros nadadores con licenza federativa que participen nel.
En todo caso, e como apunta o vicepresidente do Náutico, Celso López, a organización vai tomar os tempos de todos os participantes, algo que o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, considera "moi importante" para que os nadadores "teñan unha referencia para o ano que vén".
Celso López puntualiza que se admitirá un máximo de 170 participantes "por cuestións de loxística". Os nadadores contarán co apoio dunhas 30 balizas que indicarán ao longo do percorrido as distancias con respecto á meta, e estarán asistidos, ademais, por unha flota de 15 embarcacións na que estarán presentes a Cruz Vermella e Protección Civil.
O prazo para inscribirse na Travesía a Nado da Ría de Vigo permancerá aberto ata completar o número de participantes, coa data límite do mércores 22. A inscrición pódese formalizar nas oficinas do Real Club Náutico (r/ Avenidas s/n, teléfono 986 447 441, fax 986 449 697) ou no correo electrónico natacion@rcnatuticovigo.com, e nela figurarán o nome e apelidos do participante, a data de nacemento, o número de DNI e un teléfono de contacto. Na páxina web do Náutico (www.rcnauticovigo.com), están dispoñibles a folla de inscrición, o regulamento da Travesía e o formulario de permiso paterno para menores. A idade mínima para participar na competición é de 14 anos.