Escoitar

O Concello porá en marcha un Plan de Bibliotecas Municipais

O concelleiro de cultura, Xesús López, presentou este luns no Concello unha iniciativa do goberno local en materia de servizos de bibliotecas. O Ministro de Cultura, César Antonio Molina, que visitou a cidade a semana pasada, comprometeuse a dotar á cidade dunha biblioteca do Estado, sen embargo, tal e como manifestou o concelleiro esta mañá, á cidade tamén lle fai falta unha red de bibliotecas de barrio.<br />

luns, 13 ago 2007
1187005863cultura130807.jpg
Xesús López presentou este luns no Concello as liñas de actuación nas que vai traballar a concellería de Cultura en materia de bibliotecas, salientando o traballo conxunto que se levará a cabo coa concellería de Xuventude.

Dende a semana pasada se pode dicir que existe un compromiso por parte do Ministerio de Cultura para que Vigo conte cunha biblioteca estatal. E a partir deste luns tamén a Concellería de Cultura pon en marcha unha serie de programas, ligados entre eles, para dotar a Vigo dun servizo de bibliotecas acorde cucha cidade das súas características.

O primeiro que quere por en marcha a concellería de cultura é unha red de bibliotecas de barrio, xa que Vigo non conta cun só centro e se debe dar a posibilidade aos barrios máis alexados do núcleo da cidade de contar con este tipo de servizos. Pero esta red de bibliotecas non serviría de nada se o seu uso non é o correcto, por iso, Xesús López falou doutra proposta: unha campaña de iniciación á lectura. Para levar a cabo esta iniciativa contarán coa axuda de escritores, editotores e de centros culturais e veciñais.

Por outra banda, dado que existe unha gran demanda por parte dos mozos e mozas para dipor de locais onde poder estudiar, a concellería pedirá colaboración a todos aqueles centros culturais e veciñais que podan cubrir esta necesidade. De esta maneira, en todos os barrios de Vigo, que non dispoñan dunha biblioteca municipal, haberá un lugar habilitado onde poder estudiar en boas condicións e sacar así o máximo rendemento.
Descargar todas as imaxes