Escoitar

O alcalde de Vigo expresa o seu pesar pola morte do pintor Francisco Mantecón

martes, 3 abr 2001
O alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, envioulle esta mañá un telegrama de condolencia á familia do pintor Francisco Mantecón, manifestando o seu pesar polo falecemento do artista.

Castrillo lamentou a morte de Mantecón, ao que gabou como un dos protagonistas da renovación da arte galega no último tercio do século XX. “Vigo perde un dos seus mellores artistas”, afirmou. O alcalde salientou especialmente a actividade de Mantecón como deseñador gráfico: “as súas creacións están espalladas por multitude de libros que gardamos nas nosas bibliotecas, o que fixo que nos achegásemos facilmente ás súas anovadoras propostas estéticas”.