Escoitar

O Concello organiza un seminario de planificación empresarial

Dentro do Programa de apoio á creación de empresas do Plan municipal de emprego do Concello de Vigo, o Servizo de asesoramento a emprendedores/as (SAE) vai organizar un "Seminario de Planificación empresarial" que comeza o 22 de maio.

venres, 27 abr 2007
Os obxectivos principais deste seminario, patrocinado por BIC Galicia, son coñecer como elaborar un plan de empresa e poder analizar a viabilidade económica e financeira do proxecto empresarial de cada unha das persoas que asisten ao seminario, xa que cada participante presentou un proxecto con anterioridade.

Durante as 7 xornadas formativas e as 4 titorías personalizadas sobre cada proxecto, traballaranse temas de organización, mercado, comercialización, financiamento e análise económica.

Con este programa o Concello de Vigo quere potenciar a iniciativa empresarial das persoas emprendedoras.

O pazo de inscrición para participar no seminaria remata o 8 de maio. Para máis información, no teléfono do SAE 986.810178, na páxina web http://emprego.vigo.org , ou no correo electrónico sae@vigo.org