Escoitar

Pleno Corporación Municipal

venres, 27 abr 2007
Sesión Extraordinaria

CONVOCATORIA

ORDE DO DIA para a sesión EXTRAORDINARIA que terá lugar o día 30 DE ABRIL de 2007, ás NOVE HORAS, no salón de sesións deste Concello.


UNICO.- Sorteo de formación das MESAS ELECTORAIS para as vindeiras Eleccións locais de conformidade co disposto na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral e Instrucción da Xunta Electoral Central.

Sesión ordinaria

CONVOCATORIA

ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 30 de abril de 2007, a continuación do Pleno Extraordinario convocado para a mesma data ás nove horas, no salón de Plenos deste Concello.


1.- Actas anteriores (sesións ord. 29.01 e 26.02, ext. 05.03 e 21.03 e ord. 26.03.07).

XESTIÓN MUNICIPAL
2.- Dar conta das liquidacións dos orzamentos do Concello de Vigo, Xerencia de Urbanismo, Parque das Ciencias Vigo-Zoo, Instituto Mpal. Dos Deportes e Escola Mpal. de Artes e Oficios (art. 193,4 do RDLex 2/2004).

3.- Modificación orzamentaria núm. 66/07 (crédito extraordinario) con cargo ó remanente líquido de Tesourería.

MOCIÓNS

4.- Moción do Grupo municipal do PG instando o financiamento dun tren especial para acompañar o RC Celta no seu partido contra a Real Sociedade.

5.- Moción do Grupo municipal do PG relativa ó porto de Vigo e ás autoestradas do mar.

6.- Moción do Grupo municipal do BNG instando a realización dun estudo de tráfico no contorno do Parque de Castrelos.

7.- Rogos e preguntas.