Noites Vivas e actuacións na SalaA!
Nas noites do venres e do sábado, o programa Tardes e Noites Vivas da Concellería de Xuventude oferta unha morea de actividades nas que poder participar de forma gratuíta.
A programación para esta fin de semana é a seguinte:
Venres 27 de abril
-No Pavillón Instituto O Castro (rúa J.G. Posada Curros, 1): Obradoiros de coiro. Gardatodo de cómics. Tai-chi. Reflexoterapia podal. Pachanga nocturna ao aire libre e Xogos de mesa. Entre as 22.00 e a 01.00 h.
-Na Asociación Xuvenil Cancerbero (R/ Heráclio Botana, 6 - Baixo esquerda): Xogos de rol. Xogos de mesa e Torneo de espadas de gomaespuma: fabricación e loita. Entre as 22.00 e as 02.00 h.
-No Pavillón do Berbés (R/ Xacinto Benavente, 1): Bailes latinos. Superzumes. Técnicas para Falar en Público. Musculación e squash e baloncesto "Vigo en xogo". Entre as 23.00 e a 01.30 h.
-No Espazo Xove do Castro (Monte do Castro, ó carón da pista de bicicletas): Iniciación aos nós mariñeiros. Danza oriental. Iniciación ao teatro. Liga de xogos en rede. Internet, chat, messenger, bluetooth e wifi. Espazo aberto. Dardos electrónicos. Entre as 17.00 e as 23.00 h.
-Na Asociación Veciñal Camiño Vello de Coia (r/ Marín, 1) continúa dispoñible internet gratuíto dende as 19.00 ata as 22.00 h. para uso dos asistentes a esta sede.
-No Pavillón de Coia (Avda. Castelao s/n): Iniciación á Cultura Galega (baile, pandeireta...). Actividades deportivas. Iniciación ao coiro. Dardos. Entre 23.00 e a 01.00 h.
-Na Asociación Xuvenil Abertal (r/ Venezuela, 3 Baixo): Concerto Didáctico de Música Tradicional Galega. A partir das 21.00 h.
Sábado 28 de abril
-No Pavillón Instituto O Castro (R/ J.G. Posada Curros, 1). Obradoiro de coiro. Capoeira. Bailes: Salsa. Pachanga nocturna ao aire libre. E xogos de mesa. Entre 22.00 e a 01.00 h.
-No Pavillón do Berbés (R/ Xacinto Benavente, 1) haberá Stylo (aeróbic+merengue). Obradoiro de colgabolsos. Cociña africana. Musculación e squash e baloncesto "Vigo en xogo". Entre 22.15 e 01.30 h.
-No Espazo Xove do Castro (Monte do Castro, ó carón da pista de bicicletas) Iniciación a break-dance. Iniciación aos nós mariñeiros. Liga de xogos en rede. Internet, chat, messenger, bluetooth e wifi. Espazo aberto. Karaoke. Dardos electrónicos. Entre 17.00 e as 23.00 h.
-Na Asociación Xuvenil Abertal (R/ Venezuela, 3 Baixo) Faino ti mesmo: pulseiras, colares e pendentes de abelorios e carteiras de coiro. Cociña: prato italiano. Obradoiro de candeas aromáticas. Acceso a internet. Sala multiusos. Entre 18.00 e as 23.30 h.
-Na Sala A! (Avda. Beiramar, 113) Sala Ábrete: Concerto. A partir das 17.00 h.
As actividades se desenvolven entre as 17:00 e as 2:00 horas, segundo o espazo, podéndose consultar máis información na Casa da Xuventude no 986 294 806 ou na web www.xuventudevigo.org
MOVIDA NA "SALA ÁBRETE"
O vindeiro sábado 28 e domingo 29 de abril, na SalaA! (Avda. Beiramar, 113), de 17:00 a 20:00 horas, dentro do espazo "Sala Ábrete", terá lugar unha programación dirixida á xente moza.
Para o sábado está previsto un concerto no que actuarán os grupos INERTTES (rock-pop) e DR. BOURBON (hard rock) e, o domingo, neste mesmo espazo, está prevista a actuación de tres mozas de Vigo "AS TRILLIZAS" que deleitarán ao público asistente cos seus bailes e coreografías.
A entrada para estas actividades será gratuíta e, ademais, celebraranse sorteos entre os asistentes.
"Sala Ábrete" é un Espazo de Ocio Alternativo da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo en colaboración coa SalaA!, onde mozos e mozas poderán pasalo ben e abrirse a novas experiencias de ocio saudable.