Escoitar

O programa principal de ALT.o7 finaliza con teatro-performance e teatro físico

O programa principal do Festival Alternativo de Teatro e Danza de Vigo chega á súa fin mañá sábado con "Four movements for survival", teatro-performance a cargo da compañía Amaranto (Barcelona), e "Elhombreinvisible", teatro físico dos tamén barceloneses LosCorderos.

venres, 9 mar 2007
1173442463teatroalt07corderos.jpg
"Four movements for survival"

Compañía Amaranto (Barcelona)
"Four movements for survival" (teatro-performance). ESTREA ABSOLUTA ALT.
Una coprodución del Teatre Lliure
Lugar: MARCO (aforo limitado a 72 persoas)
Hora: 20.00
Duración: 1 hora aproximadamente
Prezo: 5 €
Intérpretes: Ángeles Císcar, David Franch, Lidia González Zoilo e Martí Sales
Música: Roger Puig i Ramon Pujol
Realización e montaxe de vídeo: Gorka Bilbao
Vestiario: Marta Pelegrina
Comunicación: Ana Sánchez
Fotografías: Olga Planas e Pere Thomás
Agradecementos: Aleix Puig, Albert Burdonada, Laia Oliveras, Imma Lluch e Gregori Ferrer
Estreada en Abril de 2007 no Teatre Lliure de Barcelona.

"Four movements for survival" é un proxecto autocrítico que pretende cuestionar o valor da arte na actualidade. Tendo en conta que a arte está subdividida en espazos de ocio e que o espectador sabe perfectamente onde acudir para atopar o produto que desexa consumir, debemos facernos a pregunta: ¿Que utilidade ten representar un teatro social comprometido nun espazo teatral cunha programación estable onde o público sabe exactamente que vai ver?

Na actualidade, as prácticas artísticas ocupan un paradoxal espazo na social, xa que se sitúan á vez dentro e fóra da sociedade. Por unha banda, están plenamente integradas no entramado cultural, social e económico, onde existe unha poderosa rede pública e privada (galerías, museos, centros institucionais, salas de teatro, festivais…) que apoia e impulsa a arte contemporánea ao través de mecanismos moi diversos (mercas directas, política de bolsas, subvencións...) e por outra banda afástase do alcance das clases sociais oprimidas, que a súa vez son os protagonistas das obras artísticas de compromiso social. Representamos e pretendemos pór voz a aqueles que non teñen nomes nin espazo para falar.

"Elhombreinvisible"

Compañía LosCorderos (Barcelona)
"Elhombrevisible" (teatro físico). ESTREA ABSOLUTA ALT.
Lugar: Auditorio Municipal
Hora: 21.30
Duración: 1 hora aproximadamente
Prezo: 5 €
Idea e guión: David Climent
Textos: Fernando Pessoa e Oliverio Girondo
Propostas dramatúrxicas: Godofredo Chillida e David Climent
Dirección: Pablo Molinero e David Climent
Intérpretes: Pablo Rega e David Climent
Espazo escénico e luces: Óscar de Paz
Composición musical: Pablo Rega
Produción: Pilar López co apoio da Generalitat de Catalunya
Coprodución: ALT.o7
Espazos de creación: La Báscula Espacio Musical, La Caldera, Centre Cívic Cotxeres de Borrell e l’Estruch
Dedicado a Ramón Batalla.

Houbo un tempo no que cría de verdade todo aquilo que dicía. Pero un día deixou de ver tan claramente. Non quixo darlle demasiada importancia, pensaba que aquilo era temporal. E así se lle ía pasando o tempo. Ata que tentou lembrar, e decatouse de que xa non lembraba nada. Quizais era o momento de tentar redescubrir o seu camiño, mercou un mapa e un compás, tomou asento na súa cadeira de brazos de pensar e emprendeu o camiño cara aos principios que retornan.

Exposición fotográfica

Unha vez finalizado o programa principal de ALT o.7, o Festival continuará a través da actividade paralela "30 anos de danza-teatro alemán", unha exposición fotográfica que se pode visitar na Casa Galega da Cultura ata o próximo 18 de marzo. Esta mostra, inaugurada o pasado 23 de febreiro, conta coa colaboración do Instituto Goethe de Madrid.
Descargar todas as imaxes