Sete Saias presentará o seu primeiro disco na Escola de Artes e Oficios
O dúo Sete Saias presenta o seu primeiro disco mañá venres a partir das 19.00 horas no Salón-auditorio da Escola Municipal de Artes e Oficios, o espazo que contemplou o seu nacemento musical e o desenvolvemento do seu esforzo individual.
O dúo Sete Saias xurdiu no seo do Conservatorio de Música Tradicional de Vigo, concretamente na aula de arpa dirixida por Rodrigo Romaní. Marta Quintana e Clara Pino son as súas compoñentes, dúas mulleres galegas que amosan no seu traballo a orixinalidade, a beleza e o contrapunto nas arpas e nas voces.
Neste primeiro proxecto musical, titulado "Sete Saias", abarcan non só a música tradicional, que é a principal fonte de inspiración deste traballo, senón tamén a música de autor, contando con temas propios. Ademais, contan coa colaboración de grandes artistas, como é o caso de Rodrigo Romaní (autor dalgún dos temas e arranxos), Xosé Manuel Budiño, Xosé Lid e Fernando Abreu, nun total de trece temas producidos xunto a Segundo Grandío. O disco, ademais, inclúe unha pista interactiva co videoclip do tema "Rompendo a marea".
A entrada a este concerto de presentación é libre ata completar o aforo.
Descargar todas as imaxes