Escoitar

Declaradas como saturadas de ruído máis de 30 rúas da cidade

A Comisión de Ruídos aprobou na súa reunión de hoxe martes a declaración incicial como Zonas Acústicamente Saturadas (ZAS) de 31 rúas na súa totalidade, e doutras tres de maneira parcial. A entrada en vigor desta declaración significará que nesas zonas non se outorgarán máis licenzas para actividades nocturnas.

martes, 27 feb 2007
1172585132ruidos270207b.jpg
As rúas declaradas como ZAS na súa totalidade son Alfonso XIII e Travesía Alfonso XIII, Areal, Canceleiro, Castelar, Cervantes, Churruca, Colón, Praza de Compostela, Concepción Arenal, García Olloqui, Gravina, E. Heraclio Botana, Iglesias Esponda, Inés Pérez de Ceta, Irmandiños, Isabel II, Lepanto, Luís Taboada, Martín Códax, Montero Ríos, Oporto, Pablo Morillo, Pontevedra, República Arxentina, Rogelio Abalde, Rosalía de Castro, Roupeiro, Travesía Santiago de Vigo, Serafín Avendaño e Uruguai.

As rúas declaradas como ZAS parcialmente son García Barbón (do número impar 1 ata o 137 e do número par 2 ata o 102), Isaac Peral (dos números pares 2 ao 8) e Urzáiz (do número 1 ao 49).

A declaración destas áreas como ZAS será debatida polo Pleno da Corporación Municipal nunha sesión extraordinaria o próximo luns. No momento en que entre en vigor a declaración como ZAS destas rúas non se poderán outorgar nelas máis licenzas para actividades nocturnas como as dos locais con música e pubs. Nas rúas declaradas ZAS pola Comisión de Ruídos hoxe martes hai xa 278 locais de ocio.

Ademais desta medida, a Comisión de Ruídos decidiu establecer unha distancia mínima de 100 metros entre locais de música en todo Vigo.

Así mesmo, a Comisión acordou que a declaración de ZAS se poida suspender se chega a verificarse claramente, con medicións dunha semana durante un periodo de tres meses, que o ruído nesa zona non supera o máximo permitido.
Descargar todas as imaxes