ALT o.7 dedica dúas xornadas de cine a Bertolt Brecht
O Festival Alternativo de Teatro organiza os días 27 de febreiro e 6 de marzo dúas xornadas dedicadas a Bertolt Brecht, coa proxección de películas nas que se homenaxea os 50 anos da morte do dramaturgo e poeta alemán. A incorporación do cine é unha das novidades da presente edición do festival. O pase das películas terá lugar no Auditorio Municipal.
O martes 27 de febreiro ás 20:30 horas proxectarase o film "Kuhle Wampe".
Director artístico: Slatan Dudow
Guión: Bertolt Brecht, Ernst Ottwalt
Alemaña, 1932, b/n, 80 min. 16 mm. V.o. alemán Sub. español.
"Berlín a principios da década de 1930. Unha familia de traballadores está a piques de afundirse polos efectos da crise económica reinante. O fillo en paro suicídase. O mozo da filla Annie aconsella á familia que se instale nos xardíns obreiros "Kuhle Wampe". Annie está embarazada. O seu mozo quere escapulirse dos seus deberes paternais, Annie abandónao e trasládase a Berlín. Nunha celebración deportiva de traballadores volve atopalo por casualidade. De volta á casa vense envoltos nunha agre discusión entre traballadores e pequenos burgueses. A rifa comeza a dexenerar en algo peor.
O martes 6 de marzo terá lugar a proxección da película "O meu nome é Bertolt Brecht – Exilio en EE.UU."
Dirección: Norbert Bunge
1989, Farbe, 95 Min., 16mm. V.o. alemán Sub. español. Documental.
Despois da súa fuxida do réxime nacionalsocialista, Brecht intentou establecerse nos medios cinematográficos de Hollywood. No entanto, o fracaso e a
resignación marcaron os anos do exilio, desde 1941 ata 1947. En
outubro de 1947, Brecht, ao igual que moitos outros directores e autores do
grupo "Hollywood 10", tivo que prestar declaración ante unha comisión de investigación a causa de supostas actividades antiamericanas. Pouco despois deixou os Estados Unidos e, pasando por Suíza, regresou a Alemaña. A película apóiase no diario de Brecht e en conversas con amigos e estreitos colaboradores daquel tempo. Tamén mostra as circunstancias de vida nos Estados Unidos dos anos 30 e 40.