Escoitar

Unha vaca no cartel do Entroido 2007

"Entroido’s parade", de Marcos Prieto Alonso, é a obra gañadora do concurso de carteis para o Entroido deste ano, dotado dun premio único de 2.500 euros.

mércores, 24 xan 2007
1169648481entroidocartel240107.jpg
Os accésits, de 300 euros cada un, foron para "Máscara Olívica", de David Pérez Parga, "Por encima de las tragedias", de Miguel Mula Martínez, e "Hipnosis", de Ángel Antonio Rodríguez Solla.

Este foi o fallo do xurado desta XXI edición do concurso, que se reuniu na mañá de hoxe xoves na Concellaría de Festas e Animación Sociocultural. O xurado, presidido pola concelleira de Distrito Mª Sol Polo Lima, contou como vocais co xornalista Jorge Durán, a publicista Lía López e o membro da comisión organizadora do Entroido 2007 Juan Cartos Padín.
Descargar todas as imaxes