Escoitar

Adxudicada a humanización da avenida Mariña Española

O Goberno municipal adxudicou hoxe luns as obras de humanización da avenida Mariña Española, entre a avenida de Galicia e a ETEA, cun importe de 221.000 euros e un prazo de garantía de 48 meses.

luns, 11 dec 2006
1165845509xunta111206.jpg
Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou as bases para a concesión de subvencións para a organización de eventos deportivos en Vigo durante 2006. A convocatoria, dirixida a entidades deportivas en xeral, conta cun crédito de 180.000 euros.

Así mesmo, o Goberno municipal autorizou o gasto de 36.000 euros para a prestación dos servizos de impartición e coordinación dos cursos de alfabetización de persoas adultas, e doutros 27.600 para a subministración de mandos a distancia para dous vehículos grúa.

Por último, foron revisados os prezos dos contratos de xestión das escolas infantís municipais "Atalaia" e "Santa Cristina de Lavadores", establecendo os mesmos para as súas segundas anualidades. O da Escola Infantil Municipal "Atalaia" é de 174.400 euros e o de "Santa Cristina de Lavadores", de algo máis de 175.000 euros.
Descargar todas as imaxes