Ignacio López-Chaves visita as obras de rehabilitación e reforzo do muro de contención do parque de Castrelos
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Ignacio López-Chaves, visitou hoxe venres o parque de Castrelos para coñecer de primeira man o estado das obras de rehabilitación e reforzo do muro de contención de terra e peche do seu xardín histórico.
Os traballos, que contan cun orzamento duns 317.500 euros, iniciáronse o pasado 17 de xullo e teñen como obxectivos minimizar o empuxe exercido sobre o muro polas terras de recheo e a sobrecarga de tráfico da rúa Corredoira, e permitir o paso das augas subterráneas que alimentan o parque, así como os mananciais existentes.
Para iso, a empresa adxudicataria colocou ao longo dos 175 metros do muro un total de 221 pilotes de 45 centímetros de diámetro e sete metros de lonxitude. As cabezas dos pilotes quedaron situadas ao nivel da estrada e unidas por unha viga de coroación. Deste xeito o muro vese liberado da presión producida pola vía adxacente. Ademais, os pilotes están separados por unha distancia de entre 15 e 20 centímetros, o que posibilita o paso das augas subterráneas.
Outras actuacións incluídas nestas obras consistiron en macizar 17 metros do muro con formigón en masa do trasdós para conformar un muro de gravidade estable, limpar o sistema de drenaxe da rúa, revisar e limpar as galerías dos mananciais, reparar o muro histórico nas zonas máis degradadas e repor o pavimento.
A data prevista para a apertura ao tráfico da rúa Corredoira é o 11 de setembro.
Durante a súa visita, Ignacio López-Chaves salientou a importancia destas obras, xa que supoñen unha garantía de que "o muro non vai caír" e non poderá ser, por tanto, causa de accidentes. O concelleiro recordou que xa en 2000 se dera "a voz de alarma" sobre o estado deficiente do muro, e indicou que foi a partir de 2004 cando o Concello iniciou as actuacións necesarias "para que se mantivese en pé".
No último ano, o Concello investiu cerca de 800.000 euros en obras executadas no Pazo e no parque de Castrelos, entre as que se inclúen, ademais da rehabilitación e reforzo do muro de contención, as melloras no estanque, no saneamento e no propio Pazo.
Descargar todas as imaxes