Bouzas acollerá o I Torneo Cidade de Vigo de Patinaxe Artística
Do 8 ao 10 de setembro o Pavillón Polideportivo de Bouzas acollerá o I Torneo Cidade de Vigo de Patinaxe Artística, organizado polo Coruxo Fútbol Club coa colaboración da Concellaría de Deporte.
Segundo afirmou hoxe xoves a concelleira Lucía Molares, este torneo nace coa vocación de consolidarese en próximas edicións ata converterse nun referente para a patinaxe artística en España. Ademais, o Concello quere prestar o seu apoio a unha modalidade deportiva cun número crecente de seguidores en Vigo.
Mostra disto é a creación, hai un ano, da sección de patinaxe artística do Coruxo Fútbol Club, unha entidade creada en 1930 que se abre deste xeito a deportes que veñen sendo practicados no seu contorno por diversos grupos.
O torneo contará coas modalidades de patinaxe libre individual e por grupos de show. A primeira destas modalidades está aberta á participación de mozos e mozas de categoría cadete, patinadores de primeira categoría ou categoría nacional. Na modalidade de show farase unha competición única con grupos pequenos e grandes, en principio galegos con presenza previa en campionatos autonómicos. Con todo, esta modalidade queda aberta a grupos de fóra de Galicia que soliciten participar.
Os premios consisten, na modalidade de libre, ademais dos correspondentes trofeos, nunha cámara fotográfica dixital para o primeiro clasificado, unha minicadea musical para o segundo e un lector de Mp3 para o terceiro. Na modalidade de show os tres primeiros clasificados obterán cadanseu trofeo.
O torneo comezará o venres 8 ás 18:00 horas cos adestramentos libres. O sábado 9, de 10:00 a 13:30, desputaranse as competicións de cadetes masculino e feminino co disco curto, e de 17:00 a 21:30 as de disco longo. Finalmente, o domingo 10, os grupos de show reuniranse ás 09:30 para o seu adestramento e posterior competición, a partir das 11:45 horas. De 13:00 a 13:30 horas terá lugar unha exhibición a cargo dos campións de cadete masculino e feminino, así como de patinadores convidados pola organización. Por último, de 13:30 a 13:45 realizarase a entrega de trofeos e a clausura do torneo.
Descargar todas as imaxes