Escoitar

Os limpadores do Proxecto Actívate comezan as súas prácticas en setembro

A concelleira de Promoción Económica e Desenvolvemento Local, Lucía Molares, e o responsable de Recursos Humanos de Limpiezas del Noroeste S.A. (LINORSA) asinaron hoxe xoves un convenio para a realización de prácticas por parte dos 15 alumnos do itinerario de limpador do Proxecto Actívate.

xoves, 31 ago 2006
1157027228activate310806.jpg
Estas prácticas, complemento da formación teórica recibida polos alumnos, realizaranse durante o mes de setembro, cunha duración total de 100 horas por persoa, en diferentes establecementos dependentes do Concello de Vigo nos que LINORSA ten a concesión do servizo de limpeza.

O grupo de formación está conformado por demandantes de emprego con especiais dificultades para a súa inserción no mercado laboral. Así, a maioría deles son persoas cunha discapacidade intelectual lixeira que buscan unha oportunidade para amosar a súa valía profesional.

Ademais do itinerario de inserción laboral de "experto/a en limpeza", o Proxecto Actívate está a desenvolver os itinerarios de "teleoperador/a" e "axudante de cociña en centros escolares e sociosanitarios", tendo previsto iniciar proximamente os de "monitor/a-conductor/a de transporte escolar e adaptado", "auxiliar de axuda a domicilio" e "lavandería, lencería e pasado de ferro".

O Proxecto Actívate conta cun orzamento de 657.000 euros e o seu prazo de execución vai de febreiro de 2006 a xullo de 2007.
Descargar todas as imaxes