Escoitar

A Concellaría de Deportes encargará un "Plan extratéxico de desenvolvemento da Cidade do Deporte"

A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou hoxe mércores o programa de Escolas Deportivas 2006/07 do Instituto Municipal de Deportes. Esta tempada consolidaranse os deportes minoritarios imprantados nos últimos anos, como esgrima ou tiro con arco.

mércores, 30 ago 2006
1156939269lucia.JPG
Lucía Molares e José Ángel Lago
O éxito dos deportes minoritarios en Vigo está plantexando novas necesidades que só poden ser cubertas coa creación de espazos para a súa práctica. A Concellaría de Deportes encargará o próximo més un "Plan extratéxico de desenvolvemento da Cidade do Deporte. Deporte minoritario". As instalacións deportivas do complexo contarán con 591.056 metros cuadrados na parroquia de Valadares e parte desta superficie destinarase as practicas minoritarias.

Os deportes como o esgrima e o tiro con arco tiveron un forte crecemento na cidade, o esgrima pasou en dous anos de 8 alumnos a 50 e o tiro con arco, de 6 a 15. O ano pasado comezouse a impartir ximnasia acrobática, artística e trampolín cunha cifra de 25 nenos e nenas.

As escolas deportivas esta tempada ofertarán 5.000 prazas para os nenos e nenas que queran disfrutar dalgunha das 27 modalidades que se ofertan. As 39 entidades que presentaron o seu proxecto docente nos prazos correspondentes e foron valoradas polo Instituto Municipal de Deportes recoñecerónselle os méritos para a posta en marcha dunha escola deportiva da súa modalidade, dentro do Programa Municipal de Escolas Deportivas.

Ó longo do curso desenvolveranse competicións internas nas diferentes modalidades deportivas e xornadas de clausura. Os alumnos pertencentes a unidades familiares que non superen os seis mil euros anuais, atópanse exentos do pagamento do prezo do curso. Deberán presentar documentos acreditativos que o xustifiquen

O curso comeza o 3 de outubro e finaliza o 31 de maio. A data de inscricións é o primeiro prazo do 5 ó 22 de setembro, tendo uns días asignados por modalidade deportiva e segundo sexan novos ou antigos alumnos e alumnas. O segundo prazo de inscrición é do 4 de outubro ó 3 de novembro. Unha vez acabado este praza hai un permanente ata o mes de abril, dende o 10 ó 22 de cada mes.



Descargar todas as imaxes