Reunión extraordinaria e urxente da Xunta de Goberno Local
"Unha cidade como Vigo non pode retrasar o seu PXOM" afirmou hoxe mércores o concelleiro de urbanismo, Chema Figueroa ó rematar a Xunta de Goberno Local de carácter extraodinario. Esta reunión tivo como obxeto comunicar o contido do informe xurídico solicitado polo vicepresidente da XMU en relación ó escrito de suspensión remitido pola Dirección Xeral de Urbanismo, e o informe sectorial de costas.