Escoitar
Mª Xosé Queizán directora da "Festa da Palabra silenciada"

"Galicia está e estivo traballada por mulleres"

No ano 2003 xurdiu o Premio de Investigación "Festa da Palabra". Un galardón que outorga o Concello xunto coa revista cultural a "Festa da Palabra silenciada" ao mellor traballo de carácter feminista no que se demostre a realidade das mulleres galegas.

mércores, 5 xul 2006
1152101382Foto1.jpg
A Concelleira de Promoción Económica e Desenvolvemento Local, Lucía Morales, e a directora da revista "Festa da Palabra silenciada", Mª Xosé Queizán Vilas, asinaron hoxe mércores o convenio para o IV Premio de Investigación e a coedición do número 21 da revista cultural "Festa da palabra silencia".

"É moi importante para nós sacar á luz o traballo das mulleres galegas" afirmaba a escritora. Este premio ten como fin promover iniciativas no campo da investigación, que leven a recuperación e a divulgación das aportacións feitas polas mulleres. O proxecto debe mostrar os avances das mulleres en aspectos tanto sociolóxicos como económicos dentro das industrias da área metropolitana da cidade de Vigo.

O traballo poderán realizalo tanto investigadores como investigadoras de todo o ámbito nacional, sempre escrito en lingua galega. O prazo de presentación remata o 1 de septembro do 2007 e deberá inscribirse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo. O gañador será bonificado con 4.200 euros, unha cantidade, según Mª Xosé Queizán que pode incentivar a presentación de universitarios.

O xurado estará presidido pola concelleira da Muller do Concello de Vigo e a directora da "Festa da palabra silenciada". Se fará público o seu veredicto no mes de septembro do ano 2007, polo que o traballo de investigación non se insertará no vindeiro número da revista cultural xa que se pretende que sexa un proxecto moi elaborado. O premiado recibirá 15 exemplares dunha edición que ascenderá as 1000 copias.
Descargar todas as imaxes