O programa "Conta con elas" promoverá a igualdade entre homes e mulleres
A concelleira da Muller, Lucía Molares, presentou no Centro Social Caixanova hoxe martes, véspera do Día Internacional da Muller Traballadora, o proxecto "Conta con elas", que ten por obxectivo a sensibilización da sociedade para diminuír a discriminación da muller.
"Conta con elas" é un proxecto de emprego da iniciativa comunitaria Equal promovido pola Agrupación de Desenvolvemento "Área Metropolitana de Vigo" e cofinaciado polo Fondo Social Europeo. Cun orzamento de 2,7 millóns de euros, está dirixido a reducir os desequilibrios entre homes e mulleres e apoiar a eliminación da segregación no traballo, situando o cumprimendo das súas previsións no horizonte de decembro de 2007.
O proxecto conta con tres centros territoriais en Vigo, O Porriño e Redondela, e tres centros sectoriais especializados en materia de xénero, nos sindicatos CCOO, CIG e UXT. Ademais destes tres sindicatos, están asociados á Ágrupación de Desenvolvemento da Área Metropolitana a Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, como entidade pública responsable, a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), a Deputación Provincial, a Fundación Caixanova e a Universidade de Vigo.
O eixo central de "Conta con elas" é a sensibilización, especialmente nos ámbitos empresarial e laboral. Así, prevense actuacións coas empresas, co fin de posibilitar a adopción de medidas de acción positiva para impulsar o acceso e permanecia das mulleres no emprego. Entre estas actuacións destacan o recoñecemento público ás empresas que apliquen medidas de acción positiva e a creación dunha rede de empresas pola igualdade.
Co mesmo obxectivo, ademais, impulsarase e favorecerase o cambio na percepción da posición que as mulleres han de ocupar no mercado de traballo, a través dunha liña de sensibilización social e educativa dirixida ao contorno social e aos axentes educativos, con medidas tales como un "Bus da Igualdade" e a elaboración de material pedagóxico, audiovisual e multimedia.
Outra liña de actuación do programa "Conta con elas" será a de sensibilización institucional. Neste sentido, Lucía Molares defendeu a necesidade de "procurar que as administracións sexan as primeiras impulsoras de medidas de igualdade real". Para iso, realizaranse accións positivas no ámbito das institucións e promocionarase o enfoque transversal de xénero prioritariamente nos ámbitos de formación e emprego.
Pero serán as mulleres mesmas as destinatarias principais do programa. Mulleres desempregadas formadas en profesións con escasa presenza feminina, ou que queiran iniciarse ou perfeccionarse no sector medioambiental, ou con posibilidade de promoverse a postos de responsabildiade na empresa en que traballan, ou as que queiran crear a súa empresa no ámbito da economía social e da innovación.
Deste xeito, o programa "Conta con elas" traballará con 225 mulleres desempregadas formadas en sectores e ocupacións tradicionalmente masculinas, como os da fontanería, a mecánica e a electricidade, así como con 75 mulleres emprendedoras. En ambos os casos, o obxectivo para decembro de 2007 é lograr a inserción de calidade do 60% delas. Outros resultados previstos para o mesmo periodo son a creación de cinco empresas promovidas por mulleres no ámbito da economía social, e a posta en marcha de 30 plans individualizados de formación para impulsar a promoción profesional das mulleres, como medida para paliar a segregación vertical no ámbito do emprego.
Descargar todas as imaxes