Escoitar

Marisol Polo anuncia o inicio de varias actuacións demandadas polos veciños de Navia

A concelleira de distrito Marisol Polo mantivo o luns unha reunión con respresentantes da Asociación de Veciños "Emilio Crespo" de San Paio de Navia. No encontro, a concelleira informou do inicio de varias actucacións demandadas polo veciños.

martes, 4 out 2005
As demandas veciñais, formuladas no mes de xullo, foron cualificadas por Marisol Polo de "razoables". Entre elas están a limpeza da parroquia, o cambio das luces da iluminación pública e a poda das árbores da alameda, actuación esta que se acometerá proximamente.

O Concello tamén limpará as fontes e lavadoiros da parroquia e asfaltará viais, procederá á ancoraxe das porterías da alameda e á limpeza dos seus vestiarios. Así mesmo, Marisol Polo anunciou que as obras do Centro Cultural da parroquia comezarán dentro de dúas ou tres semanas.

O proxecto de construción dun novo palco de música para a alameda entrará, segundo dixo a concelleira de distrito, nos orzamentos municipais de 2006.

En materia de seguridade, os represnetantes veciñai teñen pedido novos pasos de peóns e novos espellos. Un técnico do Concello porase en contacto con eles para determinar cales destas demandas son razoables.

Ademais, a Policía Local xa ten noticia do vivo interese que senten os representantes veciñais polo establecemento dun maior control na zona, a través de novas patrullas durante a fin de semana. Estas novas patrullas comezarán a actuar, tamén, proximamente.