Escoitar

Turismo convoca tres bolsas para prácticas nas oficinas de información e servicios turísticos

A concellería de Comercio de Turismo comunica a todas as personas interesadas que as bases da convocatoria de tres becas para a realización de prácticas nas oficinas e servicios de promoción turística están no servicio de Información do Concello de Vigo a disposición dos interesados.

martes, 4 out 2005
1128332269logoturismo.jpg
As bases mencionadas constitúen unha axuda pecuniaria para a obtención da debida formación dos beneficiarios e, en ningún caso, supoñen ningún tipo de relación laboral ou contractual co Concello.

Para optar ás bolsas é requisito ser diplomado en empresas e actividades turísticas ou técnicos superiores en información e comercialización turística.

O periodo de duración das bolsas é do
15 de outubro de 2005 ao 15 de xuño de 2006. A dotación económica da totalidade da bolsa será de 6.000 € polos oito meses.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo dentro dos 10 días hábiles seguintes á publicación deste anuncio no BOP. Poderán remitirse, así mesmo, ó Rexistro Xeral no prazo antes indicado, en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude, currículo vitae e todos e cada un dos documentos esixidos na base 7ª da convocatoria. A comisión de avaliación non someterá a estudio aqueles méritos que non estean debidamente acreditados.

A decisión da comisión de avaliación publicarase no taboleiro de editos do Concello.

Para máis información: 986 81 01 99 // 986 81 02 16
Descargar todas as imaxes