O Vao acolle mañá venres unha xornada de sensibilización sobre a recollida selectiva de lixo
A praia do Vao acolle mañá venres 26 de agosto a partir das 13:30 unha xornada de sensibilización sobre a recollida selectiva de lixo, enmarcada nunha iniciativa na que colaboran a Consellería de Medio Ambiente, Ecoembes e varios concellos, entre eles o de Vigo.
Aqueles que se acheguen á praia do Vao poderán participar mañá a partir das 13:30 e durante todo o día nunha xornada de sensibilización sobre a recollida selectiva dos residuos urbanos, con información sobre os distintos colectores e outras posibles dúbidas. Os usuarios da praia tamén recibirán agasallos e serán preguntados sobre a receptividade do proxecto.
Esta iniciativa enmárcase na campaña de implantación da recollida selectiva en praias que está a desenvolver a Consellería de Medio Ambiente, en colaboración con Ecoembes e varios concellos, entre eles o de Vigo.
Como novidade, este verán realizaranse, arredor das 16:30, xogos con cativos para transmitirlles, de forma lúdica e dinámica, unha comprensión básica da recollida selectiva, coa que se pretende espertar o interese dos pequenos pola xestión dos residuos domésticos e o coidado do medio mariño.
Nesta campaña participan un total de 72 praias e zonas de baño de toda Galicia, que xa dispoñen de parellas de colectores amarelo e verde de 120 litros, ademais dun cartel informativo e dunha xornada promocional.
Ao igual que os colectores amarelos da rúa, os colectores da praia destínanse á recollida de envases e envoltorios de plástico, latas de bebida e conservas, tapas e chapas metálicas, envoltorios de aluminio e envases tipo brick.
Nos dous últimos veráns, a cantidade estimada de residuos depositados nos colectores amarelos instalados nas praias de Galicia participantes no proxecto foi de 136,9 toneladas, que foron enviadas a reciclar. Deste xeito, evitouse o engrosamento do volume da bolsa negra e as implicacións económicas que isto ten para os concellos e os cidadáns.
Ao finalizar o verán, estes colectores serán retirados das praias e utilizados nos centros educativos do Concello, xa que o seu uso nas praias é perfectamente compatible co calendario escolar. Así, optimízanse os recursos, de maneira que no verán dan servizo ás praias e durante o resto do ano facilitan á comunidade educativa o fomento da recollida selectiva nas aulas, con vistas á súa extrapolación aos fogares.