Escoitar

Concentración silenciosa pola morte acontecida en Oviedo

A Corporación municipal reuniuse na praza do Concello para gardar un minuto de silencio pola víctima de violencia de xénero que morreu onte en Asturias.

mércores, 24 ago 2005
1124885919manifa.JPG
En cumprimento dos acordos do Pleno da Corporación Municipal, hoxe mércores tivo lugar ás 12,00 horas na praza do Rei, xunto ás portas da Casa do Concello, unha concentración silenciosa por unha nova morte a causa da violencia de xénero producida onte en Oviedo.

A concelleira Lucía Molares pronunciou unhas palabras de solidariedade coa víctima, de 27 anos, que morreu degolada, e gardouse un minuto de silencio pola súa memoria.
Descargar todas as imaxes