A XIII Bandeira de Traíñas Concello de Vigo disputarase o próximo 28 de agosto
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou hoxe mércores a XIII Bandeira de Traíñas Concello de Vigo, que se disputará o próximo 28 de agosto e porá punto e final á Liga Galega desta especialidade.
Lucía Molares dixo que a Bandeira de Traíñas Concello de Vigo é xa "un evento consolidado". A concelleira engadiu que 2005 "non só é un ano importante para a vela, senón tamén para o remo".
A organización deste torneo corre a cargo do Real Club Náutico e da Federación Galega de Remo, co patrocinio do Concello de Vigo e a supervisión do Comité de Árbitros Galegos.
O delegado de remo do Real Club Náutico, José Luis Méndez, asegurou que a regata "será moi boa porque nela se decidirán varios postos" da clasificación final da Liga Galega de Traíñas.
O día 28 de agosto, ás 10:00, a Bandeira de Traíñas botará a andar coa reunión de delegados no Real Club Náutico. Ás 11:30 terá lugar a saída da primeira tanda. As seguintes tandas sucederanse deseguido, adaptándose as saídas das dúas últimas aos horarios de retransmisión de Televisión de Galicia.
Poderán participar nesta regata todas as traíñas que formen parte da Liga Galega. A participación deberá ser confirmada mediante fax ou chamada telefónica á Federación Galega de Remo (tel. e fax: 981 264 833), antes das 21:00 do 25 de agosto.
A Bandeira de Traíñas disputarase na distancia clásica de tres millas mariñas (5.556 metros), en catro longos con tres ciabogas sobre babor.
A suma dos premios establecidos para esta proba atinxe os 12.000 euros. As cantidades para cada traíña van dos 1.800 euros para a primeira clasificada ata os 200 euros que se entregarán a partir do posto decimoprimeiro.
Na historia da Bandeira de Traíñas Concello de Vigo sobresae o palmarés de Samertolameu, con oito victorias. Mecos e Meira teñen dúas e as embarcacións de San Juan e Perillo, unha.
Descargar todas as imaxes