A beleza e a utilidade da artesanía tradicional, a partir de setembro na Casa das Artes
A mostra, que permanecerá na Casa das Artes ata o 2 de outubro, trata de estudar en profundidade os parámetros que converten unha peza en artesanía tradicional e o seu valor.
A partir do vindeiro xoves 1 de setembro, a Casa das Artes de Vigo comeza a exposición "Beleza e utilidade: a artesanía tradicional en Galicia", unha iniciativa promovida pola concellería de Cultura e Patrimonio Histórico do Concello de Vigo.
A intención que persegue esta exposición é a de achegar e dar a coñecer ao público en xeral as características que definen a artesanía tradicional e os criterios que hai que ter en conta para diferenciala doutras artesanías.
Moitas veces observamos pezas artesanais que nos chaman a atención pola materia prima ou pola súa cor sen ter en conta que estes obxectos son tamén historia e que provocan en nós sentimentos, emocións, sensacións, transmitíndonos deste xeito mensaxes, por iso esta exposición pretende ser un achegamento e comprensión cara os obxectos artesanais tradicionais xa que isto suporá entender a sociedade que a xerou.
¿Por qué unha peza é tradicional e a outra non?, ¿qué criterios debemos seguir á hora de mercar unha peza con valor patrimonial?, ¿quén está detrás da elaboración destas pezas de artesanía tradicional? a estas preguntas e outras tratarase de dar resposta coa mostra.
A inauguración terá lugar ás 20 horas do día 1 e estará exposta ata o 2 de outubro de 2005. A mostra poderá visitarse de luns a venres en horario de 18 a 21,30 horas, os sábados de 11 a 14 e de 18 a 21,30 horas, e os domingos e festivos de 11 a 14 horas.