"Mundo do Mar" continúa o traballo da Escola Obradoiro Mar de Vigo II de cara á saída da Volvo
A iniciativa seguirá o traballo de conservación e reconstrucción de embarcacións tradicionais e servirá de apoio na organización de actividades complementarias con motivo da saída da Volvo Ocean Race no mes de novembro.
A concelleira Lucía Molares asistiu hoxe martes á presentación do programa "Mundo do Mar", un proxecto da Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, no marco dos Programas de Cooperación Xunta de Galicia-Entidades locais do ano 2005.
Os obxectivos desta iniciativa son continuar e afondar nas actividades que viña desenvolvendo o proxecto "Escola obradoiro Mar de Vigo II" (construcción e promoción de embarcacións tradicionais, promoción das actividades náuticas, entre outras), coa contratación de 12 alumnos traballadores das especialidades de "Actividades náuticas" e "Carpintería de ribeira", así como dun monitor da especialidade de "Actividades náuticas", no contexto da promoción deste tipo de actividades ao abeiro da Volvo Ocean Race que permitirá a saída da Volta ao mundo de vela desde Vigo o vindeiro mes de novembro.
O período de execución do programa é de 6 meses e conta cun orzamento financiado pola Xunta de 77.490 euros, mentres que a achega do Concello é duns 15.000 euros, en materiais, instalacións, equipos e outros.
O programa de actividades consta de catro liñas:
Aulas de mar
Durante o período estival e tamén durante o curso escolar (en colaboración co programa "Vigo por dentro", desenvolveranse talleres de nós, bandeiras e maquetismo, así como visitas guiadas aos obradoiros de carpintería e novas técnicas. Bautismos de mar.
Participación en actos e encontros de embarcacións tradicionais
Coas embarcacións tradicionais (gamela coruxeira, bote polbeiro e traíña de pesca) construídas polos proxectos de escola obradoiro ("Mar de Vigo" e "Mar de Vigo II"), está previsto asistir ás actividades de promoción da navegación en embarcacións tradicionais que se desenvolvan e ás que sexa posible asistir. Posible participación nos encontros a celebrar en Moaña, Bouzas, Poio, San Sebastián, …
Apoio a actividades relacionadas coa Volvo Ocean Race
Colaborarase coas institucións e entidades relacionadas coa Volvo Ocean Race, na promoción e difusión das actividades náutico-deportivas (regatas e eventos náuticos), concretamente RCNáutico de Vigo, Estación náutica do Vao, etc.
Mantemento e conservación de embarcacións
Complementariamente o proxecto "Mundo do mar" realizará as labores de conservación e mantemento das embarcacións tradicionais e de recreo actualmente existentes (gamela, bote polbeiro, traiñeira, zodiacs, vaurients, caravelles...)