Os bombeiros de Vigo continúan en situación de alarma pola vaga de incendios que asola a comarca
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello, dixo hoxe que a vaga de incendios que asola a área metropolitana de Vigo fai que o Concello e o servizo de bombeiros continúen "en situación de alarma".
Antonio Coello asegurou que "nunca se viviu unha experiencia como esta en Vigo e a súa comarca". Segundo o concelleiro, a opinión dos expertos é que "nove de cada dez" dos lumes que afectaron os montes próximos á nosa cidade nos últimos días "son provocados".
Na noite do sábado ao domingo, dada a "preocupante" situación creada por estes incendios, constituíuse un gabinete de crise no Concello, no cal participaron o concelleiro de urbanismo, José Manuel Figueroa, a alcaldesa en funcións, Lucía Molares, a concelleira de distrito Marisol Polo, o sarxento de garda e o xefe de servizo do departamento de Mobilidade e Seguridade, xunto co propio Antonio Coello.
Este gabinete de crise decidiu, segundo o concelleiro, "axudar con xenerosidade aos concellos limítrofes" que, como Gondomar, Mos e Pazos de Borbén, se viron afectados polo lume. Esta axuda traduciuse na actuación de efectivos e vehículos do servizo municipal de bombeiros ao longo desta fin de semana na extinción dos incendios que asolaron a área metropolitana de Vigo durante esta fin de semana.
Pola contra, segundo informou o concelleiro, a situación no termo municipal de Vigo estivo sempre baixo control. Deste xeito, como confirmou a portavoz municipal, Lucía Molares, os bombeiros de Vigo lograron sofocar os incendios da Guía e da Madroa. Así mesmo, quedaron "confinados" os lumes rexistrados hoxe luns en Coruxo e en Teis.
Para Antonio Coello, a actuación dos bombeiros con motivo desta vaga de incendios demostra que "Vigo está magnificamente atendido". O concelleiro engadiu que estes lumes "demostran máis unha vez que é absolutamente necesario que exista un parque de bombeiros comarcal".
Descargar todas as imaxes