A Xunta de Goberno aprobou os Padróns Fiscais do IAE e do Imposto sobre Bens Inmobles
A Xunta de Goberno Local celebrada hoxe luns aprobou tamén as bases das "VII Xornadas de Música e Danza tradicionais galegas" e as condicións para a matrícula na Escola Municipal de Danza.
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns o Padrón Fiscal do Imposto sobre Bens Inmobles de Natureza Urbana do 2005. O importe total da débeda tributaria é de 42.242.280 euros o que supón un 5,34% mais que no anterior ano. O número total de inscricións variou un 1,63% respecto ao 2004 ata as 186.040. Por último, o valor catastral total aumentou nun 3,37% ata superar os 6.500 millóns de euros.
Dentro aínda do área de Administración e Tributos, a Xunta aprobou tamén o Padrón Fiscal do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) do ano 2005 por un importe total de 10.041.914,82 euros, dos cales 8.795.458,26 euros corresponden á cota municipal e 1.246.456,56 euros ao recargo provincial do 30% establecido pola Deputación. O incremento no número de inscricións foi do 5,41% respecto ao ano pasado.
En canto a Festas e Animación Sociocultural, a Xunta de Goberno aprobou un convenio de colaboración coa Asociación Cultural Interfolk para a organización das "VII Xornadas de Música e Danza tradicionais galegas". O convenio remata a finais deste mesmo ano non sendo prorrogable e supón unha achega por parte do Concello de 18.000 euros.
A sesión de hoxe luns serviu tamén para deixar aprobadas as normas para a matrícula na Escola Municipal de Danza. A oferta total de prazas na Escola Central é de 351 repartidas entre 20 grupos correspondentes a iniciación (4-5 anos), formación básica (6-7 anos), danza para escolares (8-15 anos), danza xuvenil e de adultos, grupo instrumental (maiores de 10 anos) e grupos de ampliación, reservados para ampliar a oferta de calquera dos niveis. Ademais hai 14 módulos correspondentes ás seccións que permitirían a inscrición de 245 rapaces máis distribuídos en 14 grupos. Aquí habería Música e movemento, para rapaces de 4 a 7 anos e Danza para escolares (a partir de 8 anos). Polo tanto, a oferta total máxima da Escola Municipal de Danza é de 34 grupos e 611 prazas.
O importe da matrícula é de 24 euros para dúas horas de clases semanais, 18 euros para unha hora e media e 12 euros unha hora á semana, válida para os cursos de percusión. O único requisito para matricularse é estar empadroado en Vigo.
No área de Muller, a Xunta de Goberno aprobou a concesión de subvencións para diversas asociacións de mulleres que cumprimentaron as solicitudes. A contía das subvencións superaron os 74.000 euros.
Descargar todas as imaxes