Escoitar

Corina Porro visita os nenos ingresados no Hospital Xeral

A alcaldesa, Corina Porro, visitou hoxe, acompañada de representantes da policía local, os nenos ingresados na Unidade de Pediatría do Hospital Xeral, para facerlles entrega de varios regalos.

xoves, 23 dec 2004
1103803615mochila.jpg
A alcaldesa, Corina Porro, visitou hoxe a Unidade de Pediatría do Hospital Xeral, acompañada de representantes da policía local. Os nenos alí ingresados recibiron mochilas e contos de mans da alcadesa e de varios axentes. Con esta visita, o Concello e a policía local queren que os cativos teñan un Nadal o máis feliz posible, aínda que non poidan pasalo nas súas casas.
1103803615mochila.jpg
1103803747conto.jpg
Descargar todas as imaxes