O Plan Estratéxico do MARCO recomenda dotarse de”instrumentos flexibles e capaces de evolucionar”
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, a directora do Museo de Arte Contemporánea, Carlota Álvarez Basso, e o director do Plan Estratéxico do MARCO, Bartomeu Marí, presentaron hoxe o documento no que se define a ambición do Museo, a súa dimensión e as liñas básicas de funcionamento. No Plan indícase que ”a orixinalidade e a calidade das súas produccións deben facer do Museo unha institución exitosa nos ámbitos locais, nacionais e internacionais”.
O Plan non é un documento normativo senón que identifica as áreas sobre as que os responsables do novo centro deben dirixir o interese e a atención. Unha das mellores calidades que pode ter o MARCO, segundo o Plan, é a de ”funcionar como ponte de conexión entre as ambicións locais en materia de cultura e calidade de vida dos cidadáns de Vigo e de Galicia por unha parte, e as nocións de singularidade e interese que se dan no mundo da arte contemporánea”.
Advirte o Plan Estratéxico que o MARCO debe encontrar un lugar particular baseado na relación producción-presentación do contemporáneo que o dote rapidamente da identidade necesaria para adquirir un lugar destacado no horizonte institucional do Estado. Para isto recomenda que ”a mellor estratexia para calquera nova institución é non adquirir rixidez ou obligacións que impedirían nun futuro corresponder ás necesidade da arte ou da sociedade, senón dotarse de instrumentos flexibles e capaces de evolucionar”.
O redactor do Plan, Bartomeu Marí, subliña que o ”MARCO pode funcionar, metaforicamente, segundo os movementos do corazón para definir a súa ambición: sístole e diástole. Por unha banda, absorbendo dende o exterior o que sexa significativo no panorama internacional das artes e traéndoo a Vigo: e por outra, falando cara o mundo con voz propia e particular que só é posible dende esta institución”.
Sobre o edificio, o documento menciona que se debería conceder unha atención especial neste senso á tipoloxía arquitectónica, unha antiga prisión panóptica. Este tipo de edificio pode ofrecer ”materia de traballo” a artistas, creadores e organizadores para propor percorridos espaciais, lecturas que optimicen esta orixinalidade. Ó mesmo tempo, a simboloxía do edificio, a súa historia e posición no centro neurálxico da vida social e comercial viguesa poden constituíren un excelente motivo de atención e inspiración.
Bartomeu Marí Ribas (Ibiza, 1966)
Estudiou Filosofía na Universidade de Barcelona. Dende xaneiro de 1996 é director de ”Witte de With”, Centro de Arte Contemporánea de Rotterdam.
Entre 1989 e 1993 foi director de exposicións na Fundación para a Arquitectura en Bruxelas e organizou exposicións sobre o traballo de Marcel Broodthaers, Judith Barry, Dan Graham e Nigel Coates.
Entre 1993-95 foi conservador no IVAM e preparou, entre outras, mostras de Raoul Hausmann, Hermann Pitz, Josef Albers, Francis Picabia, Miralda e Lawrence Weiner.
No ”Witte de With”, organizou exposicións con artistas como Michel François, Tony Brown, Pierre Bismuth, Rita McBride, Constant e Eulàlia Valldosera.
Descargar todas as imaxes