Xornada de formación dirixida a nais e pais do programa educativo ”Aprender a convivir”
A concelleira de Educación, Ana Gandón, e o coordenador do programa educativo municipal ”Aprender a convivir”, Xesús R. Jares, asistirán á xornada inicial de formación dirixida a pais e nais que se celebrará o sábado, 1 de decembro, de 10:00 a 13:30 no Instituto Municipal de Educación.
”Aprender a convivir” é unha iniciativa do colectivo Educadores pola Paz integrado dende a súa fundación no Movemento de Renovación Pedagóxica ”Nova Escola Galega” en colaboración coas concellerías de Educación e Muller de Vigo. Este programa pretende ofertarlles á comunidade educativa e ó conxunto da cidadanía propostas e recursos para construír unha convivencia máis sana e respectuosa, democrática, solidaria e sen discriminacións e violencias. Nesta ocasión, impartirase un taller-seminario sobre a resolución de conflictos para construír unha convivencia positiva.
Este programa posibilita unha reflexión en profundidade sobre a problemática actual da convivencia dentro dos centros escolares, así como das liñas de actuación baseadas na participación da comunidade educativa. A mediación como técnica de resolución non violenta de conflictos e o impulso dunha cultura de paz asentada nos dereitos humanos e nos valores de respecto, tolerancia, democracia e igualdade son aspectos que promove esta iniciativa.
Os interesados poden anotarse chamando ó teléfono 986 204912.
Descargar todas as imaxes