Escoitar

71 rúas decorarán a cidade no nadal

xoves, 29 nov 2001
imx850.jpg
A decoración de nadal instalada na cidade ocupa 16,4 quilómetros de viais. Setenta e unha rúas, 3 prazas, 4 edificios públicos, 3 monumentos e 104 árbores permanecerán iluminados dende hoxe e ata o 7 de xaneiro.

O alumeado institucional navideño comprende a decoración, con tubo luminoso, dos edificios de Casa das Artes, Casa Galega da Cultura, Biblioteca Central e Instituto de Santa Irene. Ademais, a Concellería de Turismo e Comercio ilumina as palmeiras da Praza de América, o Olivo, o Sireno e a Praza da Miñoca.

Asimesmo, colocáronse guirnaldas nas rúas Príncipe e o seu contorno: ilumináronse árbores en Gran Vía e Policarpo Sanz, e instaláronse 46 anxos na Praza de España (8), Praza da Miñoca (9) e Praza de Compostela (29). Na rúa Martín Echegaray instaláronse figuras navideñas no centro da calzada.

A Concellería destina 20,5 millóns de pesetas a sufragar o custe do alumeado institucional e a subvencionar os arcos instalados polas asociacións de comerciantes do Calvario, Travesas, Independencia, Bouzas, Príncipe, Centro e Teis.

A nova normativa da Concellería de Turismo e Comercio sobre alumeado navideño, seguindo criterios de aforro e reducción da contaminación lumínica, permitiu reducir o gasto por consumo enerxético nun 91% ó pasar de 11.703.045 pesetas coa iluminación tradicional a 948.341 pesetas coa instalación de elementos de baixo consumo.

Descargar todas as imaxes