Escoitar

A concellería da Muller abre o prazo de inscrición do programa de activididades de formación e animación sociocultural "Eu tamén sei"

O luns 27 de setembro abre o prazo para a incrición no programa de actividades de formación e animación sociocultural "Eu tamén sei", que remata o domingo 10 de outubro e poderá realizarse nas diferentes asociacións e vogalías da muller de Vigo. Dito prazo corresponde ó primeiro cuatrimestre e engloba os cursos a impartir entre o 18 de outubro e o 19 de febreiro.

xoves, 23 set 2004
A concellería da Muller abrirá o próximo luns día 27 o prazo de inscrición para os cursos de formación e animación sociocultural relativos ao primeiro cuatrimestre do exercicio 2004-05. A inscrición deberá realizarse nas asociacións de mulleres e vogalías da muller correspondentes e dura ata o 10 de outubro.

Cursos como "Economía doméstica", "Expresión corporal e musicoterapia", "Masaxe terapéutica", "Tapicería", "Pintura sobre tecidos", "Reparacións domésticas básicas. Introducción á fontanería e electricidade", "Técnicas de decoración", "Restauración de mobles", "Ximnasia de mantenemento" ou un "Taller de memoria", entroutros serán impartidos nalgunha das asociacións ou vogalías da muller de Vigo.

As mulleres interesadas nalgún dos cursos, de clara vocación práctica e distendida, deberán anotarse nas asociacións e vogalías da muller que os imparten. Estas son: Asociación de mulleres Dorna, Asociación de mulleres Rosalía de Castro, A.M. Lúa, A.M. Accedo, A.M. De Bouzas, A.M. Xestas, A.M. Abaris, A.M. Adiquerando, ou as vogalías de Dr. Fleming, Casco Vello, AV Alcabre, AV Camino Vello, AV Bouzas, AV Outeiro, AV Val do Fragoso, AV San Xurxo, AV San Miguel de Oia, CRAC Coruxo, AV Lavadores, AV A Paz, AV As Nosas Rúas, AV Teis, AVCD Candeán, AV Rúas e Fontes, AV Sárdoma, AV Beade, CCRR Valadares, AVR San Mamede, AV Rosalía de Castro da Salgueira, AV O freixo, AV Castrelos, AV Sampaio, AV A Unión-Matamá, AV Cristo da Victoria, AV San Paio de Navia, AV San Xoán Poulo, AV Conde de Torrecedeira, AV Pontenova-Freixeiro, AV As Fontes, AV San Roque, SCR Pardavila, CCR Cabral, ACD Xestas, SCDR Helios, Federación de Peñas Recreativas El Olivo, Asociación Unión y Amistad, Asociación de Antiguos alumnos Artes y Oficios, UNAE, Asociación de Amas de casa Agarimo, Asociación de Xordos de Vigo, AV Cabral-Feira, Asociación Galega Amigos do Rocío.