Escoitar

Axudas municipais escolares para libros e comedores

O Concello de Vigo destinará un total de 339.574 euros en concepto de axudas municipais escolares de libros e comedor, destinadas aos alumnos matriculados en centros públicos e con concerto pleno e empadroados en Vigo.

mércores, 15 set 2004
A contía das subvencións, aprobada o pasado 23 de agosto na Xunta de Goberno Local, ascende aos 94.822 euros para as axudas de libros e de 244.752 euros para comedores. Os principais destinatarios serán os rapaces de educación infantil (3, 4 e 5 anos), educación primaria (1º a 5º) e secundaria (1º a 4ª ESO), que optarán a 1.102 axudas en libros e 853 en comedores.

Así, 255 alumnos de educación infantil recibirán un total de 15.555 euros en concepto de axudas municipais de libros (61 euros cada un) e os 544 de educación primaria 46.240 (85 c/u), sendo de 33.027 euros (109 euros c/u) para os 303 rapaces da ESO. Pola súa parte, os libros de 6º curso e de 2º de ESO serán de balde.

Por outra banda, as axudas municipais de comedor, un total de 852, aboaránse directamente ao colexio a mes vencido, previa sinatura no listado mensual correspondente no que figure o pai, nai ou titor do neno que utilice este servizo. O pagamento máximo da axuda será de 39 euros ao mes por neno, dende o mes de outubro ata maio de 2005.