Escoitar

Vigo acollerá a terceira etapa da Volta Ciclista a Galicia 2004

Por primeira vez 18 equipos, entre os que se atopan seis conxuntos galegos ademáis de diversos clubes da primeira división española, disputarán en Vigo a terceira etapa da Volta Ciclista a Galicia que terá lugar o vindeiro vernres. Unha carreira que sairá ás 13.00 horas do parque de Castrelos onde voltará para completar a etapa tras percorrer un total de 144 kilómetros.

martes, 31 ago 2004
1093952009volta.jpg
Durante cinco días, as rúas das principais localidades galegas acollerán a Volta Ciclista a Galicia 2004, que arrancará o mércores dende A Coruña, pasando por Viveiro o xoves, para chegar a Vigo o venres 3 de setembro co fin de disputar a súa terceira etapa. A final terá lugar o fin de semana nas localidades de Pontevedra e Ponteareas, respectivamente.

En Vigo, os 18 equipos participantes, percorrerán o circuito máis longo da Volta, cun total de 144 kilómetros. Así, o pelotón partirá ás 13.00 horas do parque de Castrelos, onde voltará preto das cinco da tarde tras o seu paso polas parroquias de Tomiño ou Tui, entre outras. Un circuito no que os ciclistas terán que facer fronte a importantes ascensos coma os de Tebra, San Antoniño ao a Cidade Universitaria.

Segundo a concelleira de Deportes, Lucía Molares, o feito de que que por primeira vez Vigo acolla unha etapa da Volta a Galicia "supón unha clara aposta polo ciclismo ademáis dun orgullo para a cidade". Pola súa parte, o secretario da Federación Galega de Ciclismo, Pedro Alfaro, confirmaba en rolda de prensa que a pesar de que o nivel dos participantes é moi alto, o vigués Alejandro Magallanes, corredor do Gondomar Coraçon de Ouro, perfílase como claro candidato ao podio. Máis non estará só, xa que xunto a él competirán o Audasa-Cementos del Atlántico de Ferrol, o Caixanova de Porriño, Frisonoble de Cambre, Hierros Diego de A Estrada ademáis do PSA Vigo-Autronic ou o afamado Supermercados Froiz de Poio. Tolos eles optarán, xunto aos demáis clubes da Península, a un total de 11.380 euros en premios en metálico.
Descargar todas as imaxes