Escoitar

O XoveVigo pechará o domingo as súas portas ata o ano que ven

As actuacións de "Niño y Pistola" e "Silika" o venres e as de "Psicosonora" e "Nostromo" o sábado, serán o preludio dun ciclo que porá o broche de ouro o domingo da man do cantautor Servando Barreiro e o folk do grupo "Redeira". Os concertos terán lugar ás 23.00 horas na praza do Rei e a entrada será de balde.

venres, 30 xul 2004
1091186731pistola.jpg
"Niño y Pistola"
Niño y Pistola
Niño Pistola é un proxecto de rock con reminiscencias de power-pop americano. A súa maketa titulada: "error!!! que pistola ni niño muerto", inclúe temas como "Travel in time", "Seventeen Twenty Two", "Kill me" ou o seu "Hit Your medication".

Silika
Silika é un proxecto musical vigués, que xa o pasado ano nos sorprendeu coa súa maketa. Foron nominados aos Premios 2003 da Música Maketon Estrella Galicia á mellor maketa, e actualmente a multinacional Universal Music xa se fixo cos dereitos editoriais das súas cancións.

Tan so lles falta fichar por unha compañia discográfica que os lance ao mercado musical nacional. Música, imaxes e perfomance para un grupo que trata como ningún grupo en Galicia o Electro-Pop máis contemporáneo.

Psicosonora
Psicosonora, funk-rock, powerpop e a música progresiva atópanse neste colectivo de músicos vigueses para encher de interferencias a canle da apatía.

Nostromo
Nostromo é un dos grupos de rock máis veteranos e representativos de Vigo. Funcionando exclusivamente cunha política de autofinanciación e autoproducción cunha idea común, que fai sentir ben aos seus compoñentes e aos seus oíntes cunhas letras con profundidade cunha base de rock potente.

O grupo comeza a súa traxectoria en 1992 e en 1996 graba a maqueta "En algún lugar". Posteriormente, o grupo graba un MC "De bar en bar" (1998) coa división Xurelo Roxo Records da desaparecida West Records, unha cinta patrocinada por locais de Vigo, Pontevedra e Santiago.

Un ano depois grábase "En extinción", o primeiro CD grabado e producido polo propio grupo. Pero a finais de 2001 Mauro deixa o grupo e entra no grupo José Peixe (baixista), e graba co grupo "Al final del raíl" (2002) facendo a xira galega e facendo cartel con grupos como "Barricada", "Tierra Santa", "Fe de Ratas"… . José tamén deixará o grupo e entrará como baixista Fico.

Unha vez recomposto o grupo, prodúcese un novo cambio coa entrada de Celso.
O grupo atópase preparando novos temas para o seu novo disco "Protégete"(2004).

Servando Barreiro
Servando Barreiro é un grupo que recolle o espírito das antigas orquestras de baile, cando o acordeón tiña un protagonismo especial dentro da mesma.
A banda actualízase cunha potente base rítmica, conseguindo que as vellas melodías tradicionais teñan máis forza e actualidade.

A riqueza do seu repertorio está en incorporar unha grande cantidade de ritmos bailables, pensados para que o público participe dos seus espectáculos.

O resultado de todo isto é un espectáculo participativo e ininterrumpido, no que se misturan as melodías máis tradicionais coas letras máis actuais, incluindo composicións propias.

Redeira
No ano 2003, o compositor vigués Isaac Garabatos e Mercedes Suárez, coreógrafa da compañía "Druida Danza" (A Coruña), empezan a traballar en "A Redeira", espectáculo de danza e música en directo.

A parte musical deste traballo pasará a ter identidade propia de xeito paralelo en Redeira, onde se adivinan claras influenzas de moi variados estilos coma o trip-hop, jazz, post-rock ou o propio folk galego.

Esta mistura posibilita que Redeira constrúa un repertorio cheo de contrastes, entre o moderno e o antigo, o electrónico e o acústico, o relaxante e o agresivo, convertindo ao grupo nunha das propostas máis chamativas e orixinais do panorama musical galego.
Descargar todas as imaxes