Escoitar

III Torneo Internacional de Tenis Feminino "Cidade de Vigo"

O torneo, presentado o xoves en rolda de prensa pola concelleira de Deportes, Lucía Molares, terá lugar do 31 de xullo ao 8 de agosto no Complexo Deportivo de Samil.

xoves, 29 xul 2004
1091105047tenis.jpg
O Torneo Internacional de Tenis Feminino "Cidade de Vigo", celebra xa a súa terceira edición. Síntoma de que Vigo vense convertindo en sede clave de este tipo de torneos.

Segundo a concelleira de Deportes, Lucía Molares, "un torneo destas características é moi importante para que Vigo apareza no mapa como cidade preocupada polo deporte". Aínda máis, o Cidade de Vigo de tenis é, ao mesmo tempo, unha oportunidade de ouro para as xoves tenistas galegas, que aseguran a súa participación.

O torneo, incluído no calendario internacional e puntuable para o ranking mundial da WTA (Asociación Mundial de Xogadoras Profesionais)acollerá probas individuais e dobres. A individual contará cunha fase previa de 64 xogadoras e un cadro final de 32. A de dobres terá un cadro final de 16 parellas.

O sistema de puntuación establecido polo WTA Tour, obriga a que as xoves promesas do tenis participen neste tipo de eventos, o que asegura a presencia de valores internacionais e nacionais que xa compiten a nivel profesional cun ranking mundial WTA entre 250 e 350.

Así, Belén Pérez de Juan e Leticia Costas, xogadoras integrantes do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, ocuparán dúas das catro prazas de convidadas no cadro final. Na fase previa, unha das prazas será ocupada por Diana Aroutiounova, xoven xogadora rusa entrenada por Javier Duarte, excapitán da Copa Davis.

En total ata Vigo achegaranse representantes de máis de 20 países, procedentes de Europa e doutros continentes, que loitarán neste ITF Women's Circuit de $10.000 en premios.
Descargar todas as imaxes