Escoitar

Castrelos acollerá á voz dos fados coa actuación da cantante portuguesa Dulce Pontes

Dulce Pontes será a encargada de levar o fado ata a súa última expresión na penúltima actuación programada dentro do Festival Internacional "Para Vigo me voy". O concerto terá lugar o xoves no auditorio de Castrelos ás 23.00 horas. O prezo da entrada será de 6 euros, con asento.

xoves, 29 xul 2004
1091086312dulce.jpg
A cantante portuguesa Dulce Pontes é hoxe a protagonista da penúltima xornada do Festival Internacional "Para Vigo me voy". A artista, que modernizou o fado, colabora no seu último traballo musical con Ennio Morricone, co que acaba de fraguar «Focus», no que ela pon voz ás obras mestras do italiano.

Biografía
Dulce Pontes (Montijo, Portugal, 1969) empezou cantando nun grupo de rock, en anuncios e en programas de televisión. En 1991 representou a Portugal no Festival de Eurovisión e en 1992 publícase o seu primeiro albúm "Lusitana" e a partir do ano seguinte, co seu segundo albúm "Lágrimas", Dulce Pontes convírtese nunha cidadá do mundo.

O seu seguinte album é "A brisa do Coracao" en 1995, un dobre album grabado en directo,"Caminhos" en 1996 e "O Primeiro Canto", así como unha serie de experiencias a dúo onde une a súa voz á de cantantes como Andrea Bocelli ou os brasileños Simone e Caetano Veloso.

Dulce Pontes é a cantante portuguesa de máis proyección internacional, considerada a heredeira da gran Amália Rodrigues, a raíña do fado. Dotada dunha portentosa voz, Dulce Pontes sabe pór a súa voz ao servizo desa linguaxe universal que é a música.
Descargar todas as imaxes