Escoitar

O Festival Internacional "Para Vigo me voy" despídese coa actuación do venezolano Carlos Baute

O V Festival Internacional "Para Vigo me voy" botará o venres o telón de fondo ata o ano que ven. Os encargados de pechar este ciclo, incluído nas Festas do Cristo da Victoria, serán o venezolano Carlos Baute e o arxentino Coti. o concerto terá lugar ás 23.00 horas no auditorio de Castrelos. O prezo da entrada será de 6 euros, sen asento.

venres, 30 xul 2004
1091177815baute.jpg
Carlos Baute
O cantante venezolano, Carlos Baute, asistía xa dende moi cativo a clases de danza e música para pasar axiña a convertirse nun dos membros do grupo xuvenil "Los Chamos".

Os anos seguintes supuxeron para Carlos Baute un gran reto xa que en 1994, contratado pola compañía Emi Music, sacou á venda o seu primeiro traballo "Orígenes I" ao que seguiría en 1997 "Orígenes II- Tambores".

Neles quixo reflectir as influenzas e sons da súa terra, convertíndose nun dos músicos mellor recoñecidos no país.

Ademáis de participar noutras facetas do mundo artístico, coma unha telenovela, o seu primeiro álbume para o mercado español, terceiro da súa carreira, "Yo nací para querer" amósanos a un Carlos Baute capaz de transmitir todo o sentimento de desamor e dúbidas, pero tamén a paixón. Nel, o venezolano amosa a súa madurez artística que sen dúbida escomenza xa a facerse un oco entre os grandes artistas latinos.

O seu segundo traballo no noso país sería "Angelito" con dez temas de producción de Emilio Stefan Jr e Jasmil Marrufo, no que Baute non só deixa unha forte pegada cantando senón tamén como compositor de oito das cancións.

Deste xeito Carlos Baute vaise perfilando coma un dos artistas chegados do outro lado do océano máis destacados dos últimos anos, con vendas multiplatino en España.

Para o seu terceiro disco "Peligroso" (2004) o artista ficha por Warner e traballa ás órdenes do prestixioso inxeñiero de son e productor Humberto Gatica.

O resultado son once composicións do propio Baute, seleccionadas de entre máis de cincuenta cancións nas que o artista traballou durante estes tres últimos anos.

Para esta producción, Baute quixo achegarse a un pop rock latino moito máis internacional no que se alonxa dos plantexamentos tropicais do inicio da súa carreira. Máis guitarras, máis músicos e máis emoción xunto a unhas bases contemporáneas nas que teñen predominio claro as guitarras acústicas e eléctricas a ritmo de funky e con detalles moi californianos.

Coti
Coti Sorokin naceu en Rosario pero a súa vida está marcada polas viaxes constantes. Compón para grandes do rock latino coma Alejandro Lerner e Diego Torres e colabora con Andrés Calamaro no seu disco "Honestidad brutal".

No 2002 editou o seu disco debú "Antes que ver el sol" e no 2004 lanza "Canciones para llevar" con música composta na súa totalidade en Madrid o ano anterior.
Descargar todas as imaxes