Escoitar

Acordos da Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno aprobou os proxectos técnicos de humanización das rúas Hernán Cortes, Luis Braille e Magallanes cun presuposto de case 900 mil euros. O obxecto dos proxectos son definir e valorar as obras necesarias para a humanización das mencionadas rúas e a reposición dos servicios que se atopan en estado deficiente.

luns, 19 abr 2004
Na sesión de hoxe a Xunta autorizou a contratación da asistencia técnica para o deseño, programación, xestión , montaxe expositiva, dotación de pezas e da aula municipal de etnografía e unidade didáctica " A Cultura do pan" , así como o deseño , montaxe e coordinación dun taller de divulgación da arqueoloxía. Autorizouse tamén o gasto de 44.146 duros para a prestación dos servicios de xestión e dinamización sociocultural do Centro de Artesanía Tradicional.

A Xunta de Goberno adxudicou a "Autodesguaces Vigo" un total de 218 vehículos depositados no recinto da Avenida de Madrid considerados como abandonados, para chatarra a razón de 8,12 pts/kg.