O Concello subvenciona os comedores escolares
O concelleiro de Educación , Ignacio López Chaves, e a presidenta da Federación Olívica de Anpas de Vigo e comarca, Bertila Fernández Pérez, asinaron un convenio de colaboración de subvención dos comedores escolares.
O Concello asume por primeira vez con fondos propios a subvencións dos comedores escolares dos colexios públicos de Vigo. O obxecto da subvención é garantir a accesibilidade económica do comedor escolar para todas as familias e para o alumnado de todos os centros, á marxe de que estean situados no centro ou na periferia, sexan pequenos ou grandes.
López Chaves subliñou que estas medidas pretenden tamén facilitar a compatibilidade da vida familiar e laboral, o que redundará, sen dúbida, no rexuvenecemento da nosa poboación e na distensión da vida diaria. Trátase tamén de educar en hábitos saudables de alimentación e na necesaria autonomía persoal dos menores, apuntou o concelleiro.
O gasto total dos comedores ascende a 120.064,80 euros no que se subvenciona ademais da comida diaria ás coidadoras/es do comedor que atender a menores de 3 a 12 anos. Neste convenio tamén se inclúe a subvención para actividades extraescolares, por importe de 48.000 euros anuais e 21.020,24 euros para a formación das ANPAS e a xestión global deste programa do que se benefician mais de mil escolares e as súas familias, polo que o custo total deste convenio ascende a 189.095’16 €
Descargar todas as imaxes