Informe do Valedor do Cidadán
93 expededientes tramitou o Valedor do Cidadá no ano 2003 segundo se desprende do informe que presentou o seu titular, Luis Espada , ante ó pleno da Corporación que se reunión hoxe en sesión extraordinaria.
O Valedor explicou que no ano pasado tramitáronse 93 expedientes de queixas . Dos informes solicitados pola Institución ante ós órganos municipais, 19 non tiveron resposta por parte daqueles no momento do peche do informe, estimando a súa posible resolución para o vindeiro ano.
O número de expedientes tramitados por áreas foron 7 de auga, saneamento e limpeza; 1 de Benestar Social; 2 de Cultura, Educación, Deporte e Normalización Lingüística; 10 de Economía e Facenda;6 de Medio Ambiente; 1 de Parques e Xardíns; 6 de Patrimonio; 1 de Persoal; 24 de Seguridade, Tráfico e Transporte; 20 de Urbanismo; 6 de Vías e Obras; e 9 varios.
Espada fixo referencias tamén as actuacións realizadas de oficio a iniciativa da propia Institución do Valedor do Cidadán. No ano 2003 concluíronse o "Informe sobre Peonalización da Praza da Independencia" e "Niveis de satisfacción dos cidadáns de Vigo coa comunidade local". No ano 2002 levouse a cabo a publicación da monografía "Análise da influencia da dobre fila no tráfico rodado na cidade de Vigo".
Descargar todas as imaxes