Escoitar

O Concello retira o mobiliario urbano das prantas de acceso as zonas peonís

Operarios de Vías e Obras están a retirar estes días os 122 maceteiros que impedían o acceso de vehículos a zonas peonís e substituiranse por sinalización vertical.

venres, 27 feb 2004
O luns retiraranse os 60 maceteiros que están situados na rúa Urzaiz na zona do Calvario. Ata o momento suprimíronse os elementos que estaban situados nas rúas López de Neira (20), Eduardo Iglesias (14), Progreso (26) e Doctor Cadaval (2).

Os maceteiros instalaranse, no seu momento, como medida provisional para impedir o aparcamento indiscriminado e o acceso de vehículos a zonas prohibidas de carácter peonil. Pola súa banda, a concellería de Mobilidade e Seguridade instalará sinalización vertical apoiada coa presencia de axentes da policía local para o cumprimento da normativa viaria prevista para esas zonas de disfrute dos cidadáns, lembrado o límite de velocidade limitada a 20 km/h e a prohibición de parar en todo o entorno.

Nembargantes está previsto nun futuro que as zonas peonís e comerciais dispoñan de maceteiros de mobiliario urbano, acorde co entorno onde se sitúen e que serán os propios comerciantes quen se ocupen dos seus coidados.