Escoitar

As ramplas mecánicas de Serafín Avendaño conectarán as estacións de tren de Guixar e Urzáiz

Caballero achegouse esta mañá á rúa Serafín Avendaño onde se instalaron dúas ramplas mecánicas de 30 metros. Esta infraestrutura permitirá conectar as dúas estacións de tren que funcionan na cidade.

martes, 2 xuñ 2026

O Concello acaba de instalar as dúas ramplas mecánicas de Serafín Avendaño, entre a avenida García Barbón e o HALO. Cun importe de 1,6 millóns de euros, trátase de dúas estruturas que suman 30 metros nunha zona na que permite salvar unha pendente moi acusada. Esta actuación, indicou Caballero, implementa un novo corredor que vai, practicamente desde a zona do Areal, Rosalía de Castro e García Barbón onde arranca a rampla e conecta co HALO,  enlazando coas ramplas de Escultor Gregorio Fernández e a futura rampla en San Salvador para chegar ata o ascensor que sobe ata a rúa Pizarro e alí coller o ascensor ou a escaleira mecánica ata o Barrio de Ribadavia.

Esta obra de humanización permitirá dar solución a unha dificultade que viña sufrindo a cidade cando se acumulaba en Colón a auga das grandes choivas ou en Travesía. O novo colector de Serafín Avendaño permitirá desviar as canalizacións cara a este tubaxe.

Caballero subliñou outra das vantaxes desta conexión, que permitirá unir as estacións de Guixar e Urzáiz “converténdoas nun mesmo espazo grazas a os medios mecánicos”.  O proxecto, así mesmo, supoñerá a renovación a pavimentación en plataforma única, a renovación de luminarias, semáforos e balizas luminosas no chan e o mobiliario urbano.

Descargar todas as imaxes