O Concello inicia a Reconquista 2026 coa convocatoria para instalar postos no mercado ambulante
O Concello de Vigo arrinca cos preparativos da “Festa da Reconquista 2026”. Manterá aberto ata o 23 de xaneiro o prazo de presentación de solicitudes para instalar un posto de venda ambulante os días 27, 28 e 29 marzo.
O alcalde presentou este luns a nova convocatoria para participar nas próximas festas da Reconquista coa instalación dun posto no mercado de venda ambulante.
Caballero explicou que o mercado tradicional, que comezará a instalarse o xoves 26 de marzo a partir das sete da tarde, discorrerá polas rúas Teófilo Llorente, Real, Joaquín Yáñez, Oliva, Palma, Eduardo Chao, Méndez Núñez, Elduayen, Paseo de Alfonso; e as prazas do Berbés, A Pedra, Almeida, Constitución, Princesa e Porta do Sol e as rúas interiores deste perímetro.
O mercado despregará catro tipos de postos, cun espazo mínimo de dous por dous metros para os de artesanía, entre outros, e os que superen os 50 metros cadrados. Todos os postos, así como as persoas que os atenda, deberán ambientalos cos elementos propios de 1809.
O mercado estará aberto de 17.00 a 23.30 horas o venres 27; de 11.00 a 23.30 horas e de 11.00 a 21.00 horas o domingo 29 de xaneiro. A representación da Reconquista comezará o domingo 29 de marzo ás seis da tarde na Porta do Sol, tras a “destitución” da Corporación Municipal o sábado 21 de marzo.