O BOE publica a terceira convocatoria das axudas á rehabilitación de vivendas
O alcalde anunciou hoxe que o Concello avanza nas axudas para mellorar a eficiencia enerxética de vivendas de 12 barrios da cidade. O BOE publicou as achegas enmarcadas no programa “Espazo Residencial de Rehabilitación” dotado de 6,4 millóns procedentes de fondos europeos.

O Boletín Oficial de la Provincia publicou hoxe a terceira convocatoria de subvencións á rehabilitación en barrios dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU nos Entornos Residenciais de Rehabilitación Programada. O alcalde explicou que nesta quenda de axudas acordouse unha addenda de 1,5 millóns de euros para Coia, en paralelo a un reaxuste das cantidades ao resto dos ámbitos.
Entre as áreas que poden acollerse á terceira convocatoria en concorrencia non competitiva atópanse: Coia, San Roque, Casco Vello, Bouzas, Casas Santa Clara, Beiramar, San Pablo, A Salgueira, O Gorxal e descontinua Alcalde Lavadores-Canicouva-Escolas Nieto. Ata o momento seleccionáronse 140 actuacións por valor de 2.184.492 euros. Destas 21 son no Casco Vello; 23 en Bouzas, 81 en Coia, 6 en Santa Clara; 2 na Salgueira; e 7 en Escolas Públicas. O prazo estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2026.