Escoitar

A entronización do Meco e o concerto de "Fillas de Casandra" animan o inicio do entroido de Vigo

Abel Caballero convida a toda a cidade a participar nos actos programados para celebrar o Entroido, que arrincan esta noite coa entronización do Meco, ás 21:30 horas, e co concerto de “Fillas de Casandra” a partir das 22:00 horas na Porta do Sol.

venres, 28 feb 2025

O alcalde destacou que entre os actos previstos no entroido de Vigo atópase o desfile de comparsas que arrincará mañá ás seis da tarde desde a rotonda de Isaac Peral en dirección á Porta do Sol. Caballero lembrou que 20 comparsas farán gozar á cidadanía. Para o luns, ás dez da noite, o Concello organizou un concerto da Orquestra América que comezará ás 22:00 horas na Porta do Sol, onde tamén se celebrará o concurso de disfraces.

CEIP Ramón y Cajal

O alcalde saudou hoxe aos 130 alumnos de Edudación Primaria do CEIP Plurilingüe Ramón e Cajal polo esforzo realizado na elaboración dos disfraces que recollen, entre outras, as actividades do Berbés cos que protagonizaron o seu participar desfile de Entroido pola rúa Torrecedeira. Ante as nenas e os nenos que recrearon a figura do Dinoseto na súa vestimenta carnavaleira, Caballero anunciou a sua próxima reinstalación nas rúas da cidade. O rexedor animoulles a participar nos actos do Entroido programados polo Concello.

Descargar todas as imaxes