Alumnos do CPR Igrexa Valadares percorren as instalaciones municipais dentro do programa didáctico "Visita o teu Concello"
O alcalde e a concelleira de Educación recibiron este martes a 31 alumnos de cuarto e quinto de educación Primaria do CPR Igrexa Valadares que participan na actividade didáctica "Visita ou teu Concello". Abel Caballero explicoulles, no Salón de Plenos, a importancia das decisións que se adoptan no Concello e dos servizos municipais, como o abastecemento de auga a todas as vivendas da cidade. Durante o programa, máis de 2.500 escolares percorreron as principais instalacións do edificio municipal, como a sala de control de tráfico, entre outras.
Descargar todas as imaxes